1-
"Los durmientes extraviados entre las casas verdes de los que hacen el amor con los dedos cruzados para que no descarrilen los trenes".
Tania fixouse axiña neste fragmento do prólogo de Lamazares, viaje íntimo, un volume que me regalaron poucos días despois do descarrilamento de Angrois. O editor do libro é Enrique Beotas, que tamén é coautor do mesmo.
Enrique Beotas faleceu no descarrilamento de Angrois. Hai cada coincidencia...
2-
De Lamazares, viaje íntimo, gústanme as fotos. Dinme moito máis cós textos, con frecuencia forzados e contraditorios. Hai unha imaxe del, con 15 anos, que é tremenda. Nas fotos de grupo, Lamazares aparece case sempre escoitando. Son outros os que falan. Gústame o que expresan os seus silencios.