

Del toupo non sei nada. Sei que fuza, que fuza por cuando vai chuver. Cuando fai un montón de tierra, que fuza pa riba, dicen: "Mira, vai chuver, que fuza el toupo". [X. Babarro (2003): O galego de Asturias]





Desde luego que el tema central de las estampas barberas de Castelao es el caciquismo (liberal) de Rianxo. Viturro, Varela, Cubeiro, Pérez... pasan a ser los asiduos personajes de El Barbero.Outros estudosos que se ocuparon da biografía de Castelao non lle prestan demasiada atención a esta etapa inicial da súa vida e despáchana cunhas cantas liñas ou con alusións vagas, para centrarse máis nos anos posteriores:
Se advertirá cómo, en gran medida, la realidad del realismo de Castelao no es la totalidad gallega, sino la específica concreción existencial, fundamentalmente rianxeira, que formaliza desde su experiencia y su pasión.
Pero en 1910, cando tiña 24 anos, Castelao entra na política da man do seu pai D. Mariano Rodríguez, o antigo mariñeiro trocado en pequeno indiano por mor do seu traballo na emigración arxentina, e que daquela xa era un dos persoeiros do Partido Conservador en Rianxo. Eran os anos en que Don Antonio Maura, en variante dereitista do rexeneracionismo, procuraba salvar a España da Restauración cunha neboenta revolución desde arriba, da que un dos peares era o “descuaje” do caciquismo. E Don Mariano, que asumira esa versión do conservadurismo tan reconfortante moralmente, facía en Rianxo a guerra ós caciques do distrito de Padrón, que casualmente militaban no Partido Liberal. Nesa cruzada anticaciquil enrola o seu fillo e outros mozos rianxeiros, que nese ano fundan na vila El Barbero Municipal. Semanario conservador. E alí publica Castelao as súas primeiras caricaturas políticas. Temos, pois, que Castelao, en política, nace maurista.
Verdades dun humorista
Alfonso Rodríguez Castelao, el artista que alumbró con su genio las encrucijadas y los recovecos psicológicos de nuestra raza y que supo, con líneas vibrantes y sensitivas como nervios, tejer sátiras, risas, sonrisas y apóstrofes, nos honra hoy con la promesa de unas estampas implacables y nos agasaja con el envío de un racimo de ideas que, por lo atinadas, originales, ingeniosas y representativas, se las servimos al lector en calidad de vianda selecta sabiamente aderezada con algo de sal y mucho de vinagre.Dicen así las cuartillas admirables del artista eminente, del paisano amado:
ATAQUEMOS AL FIRMÓN
Al cacique no le duelen burlas, ni con caricaturas se le puede derribar. Al cacique tenéis que matarlo o dejarlo. No es al cacique a quien debemos atacar fieramente desde las columnas de un periódico, no; es al firmón, al idiota “que no reflexiona”, que dijo Goya, y vende su honor y dá su firma para arruinar a un hermano si el cacique lo manda.
Estos firmones, verdadera vergüenza de nuestra raza, son los causantes del caciquismo. Sin ellos serían los caciques, honrados jefes políticos.Sabéis perfectamente que basta un avisito dado al secretario, para que el Concejo firme una sesión imaginaria ó los repartidores firmen un reparto de consumos arbitrariamente fabricado por el cacique.Hagamos, pues, al firmón responsable de sus actos. No los disculpemos llamándoles idiotas.Poderiamos pensar que estas ideas de Castelao chegaron a El Agricultor a través de El Barbero Municipal, xa que ó longo das páxinas do xornal de Riotorto dáse conta con frecuencia da recepción doutras publicacións de distintos lugares e podería El Barbero Municipal ser unha delas, a pesar de que non atopamos ningunha referencia. Pero a redacción da reseña evidencia que Castelao lles escribiu directamente ós responsables de El Agricultor suxeríndolles esa liña argumentativa para as súas columnas anticaciquís. Tendo en conta a data de publicación, o escrito tivo que ser remitido a finais de 1912. Considerando que as colaboracións de Castelao nas publicacións da época soían ser ilustracións e que as conferencias que pronunciara eran de contido artístico, é posible que se trate dun dos primeiros textos de carácter político que se deu a coñecer do autor de Rianxo.
Señores Concejales y repartidores de las firmas, fórmense concepto de su deber y conciencia de una vez, y, especialmente los de la fornada de Méndez, piensen en su triste y vergonzoso papel.A cursiva da palabra firmas, que figura así no orixinal, parece unha chiscadela clara ó texto de Castelao antes indicado. Pero o seu influxo faise máis evidente a partir do mes de abril dese mesmo ano, cando xorde un novo colaborador que, co pseudónimo de Pao de toxo -outras veces usa a variante Pau de toxo-, enceta o seu labor na revista cun texto titulado Os caciques n’as aldeas. Ó longo do mesmo, o autor ataca directa e contundentemente a figura do cacique, pero remata o texto cunha alusión que, unha vez máis, nos lembra as indicacións de Castelao:
... Pra poder’ o cacique mellor’ impoñerse pol’ a forza, ten o seu mando unha cuadrilla muy parecida’ a de Luis Candelas, que com’a él, téñeno como capitán, despostos’ a obedecelo en canto lles mande, firmando sin ler actos, resoluciós, xuicios, sentencias, compra-ventas, despoxos, embargos y hast’a morte de calquera.
Guerr’ os firmós
Non sempr’ habemos dar funguirazos contros caciques nin deixar qu’ o seu lombo sirva d’ ingre pra recoller todol’ os que calquera zurringal se ll’ antoxe zorregarlle, anque de sobra sabemos que merecen tantas cada día com’ herbas miran pro ceyo e gotas caen do nubrado cando chove. Os chalás máis expertos e que mellor saben escoller e rexistrar unha burra, un cabalo, ou unha mula, miran, primeiro qué nada, si se deixa montar, se dá ben os pés yas maos de diante, que non sea guerfo nin picón, yanque non vexa muito, como sacud’ as cexas, sírvelle, porque vale pr’ engañar a calquera; pro sobre todal’ as cousas que ramaleen ben, parecéndos’ en todas estas cousas, os caciques cando en tempo d’ aleuciós busca’ nos concexales que lles han de servir de capa pra roubar’ os probes labregos. Cada concexal buscado pol-o cacique pra que lle sirva de firmón representa unha burra e gard’ a misma semellanza da que compr’ o chalán na feira, porque mira se ten as mismas nobres condiciós, que xa dixen no primeiro; tales como deixarse montar, ou asoballar, qu’ é o mismo; que dia ben os pés pra servir en cantas cousas lle mande o cacique; que non ten’ as maos enquedas, pra firmar tod’ los repartos e barbaridades que se ll’ antoxe facer o seu amo e xefes. Cantos d’ este xeito escollidos chegan á verse feitos e dereitos concexales, de seguro pensan que s’ acordaron d’ eles, que valían mellor que ninguén pró uficio, (y eu tame’ no pensarí’ así, se nos conocera tan ben) y-en parte teñen razón , porque s’ eles non foran non había caciques, nin quen roubas’ e comes’ a conta do probe, nin fixese falcatruas no reparto dos consumos, no xuzgad’ e no Auntamento, y en cantos sitios sean donde poidan chegar a moura mau do cacique. Os concexales d’ este xeito nombrados son verdadeiros burros apaellados y-enxaquemados, que ramalean mellor c’ os dos catro pés, e sírvinll’ o cacique de machos de reata, de testigos pr’ as falsedades, de mozos de corda, de porta-palios, de cubre faltas e tapa sobras, de verdugos pr’ aforcar’ os labregos e traballadores de tod’ a cras, de verdadeiros esbirros, capaces de colgar d’ un carballo a seu pai, a sua nai, a seus hirmaos y-a tod’ o pueblo, con tal de sirvir’ o cacique e qu’ este lle siga pasand’a mao pol’ o lombo e chamándoll’ amigo. Se n’ houbera firmós non había caciques, sendo esta verdadeira causa de qu’ estes teñan vida e sigan escravizand’ o traballador que non se cuida de buscar na unión a forza que lle fai falta pra defenderse y-aprender o que lle convén. Pra qu’ os labregos e traballadores de tod’ a cras se vexan libres de tal praga hay qu’ acabar co firmón, por cantos xeitos ou medios poida, recurrindo, se fai falta o intelixente e razoable [...]
PAO DE TOXO
Os firmós teñen’ a culpaSempr’ o dixen yo direi: s’ hay caciques é porqu’ hay firmós, pois non pod’ un cacique facer un repartemento dos consumos sin que llo firmen’ os concexales é repartidores, que son’ os verdadeiros firmós ou machos de reata, qu’ é o mesmo.[...]Os caciques que temos a pouca sorte d’ aguantar, é que tantos males ou perxuízos nos causan, non é pol’ a súa mayor intelixencia, nin mandan porque teñan máis forcea que cada fillo de vecín, nin sean máis guapiños que calquera, pois, se por’ eso fora, había d’ haber cincuenta, que comi’ a bocadiños unha ducea de caciques, sin desaunarse nin conocérselle no fol; por eso dixen, é volv’a decir, que s’ hay caciques é por qu’ hay firmós, é por qu’ hay bastantes burros entros labregos, que, sin saber o mal que fan, ou por outras razós qu’ agora non esprico sirven de cirineos e de verdadeiros verdugos de si mismo e dos poeblos donde viven, facendo canto lles mand’ o siñor, incruso firmal’ a morte de seu pai, s’ o cacique llel’ o impón.[...]O artigo continúa coa narración dunha longa historia, a modo de exemplo, que narra o conflito dun cacique cuns labregos. O relato queda inacabado e continúa no número do mes de novembro, onde se conta como os veciños lograran atallar as falcatruadas do cacique e, despois de detelo, non saben que facer con el. Hai quen propón queimalo vivo, outros din que é mellor aforcalo nun carballo, atalo polos pés ó rabo dunha egua brava, cazalo coma as perdices ou atarlle unha pedra ó pescozo e tiralo ó río ou ó mar. Só faltaba por opinar un velliño que era tido por entendido:[...]
¿E que lle parece a bostede, tiu Rosende?
Paréceme, meus amigos, que non miráedel’ a cousa por donde se debe e que vos deixades levar da forza do xenio, en vez de descurrir como descurren’ os homes de bon entendemento, y’ anqu’ o meu parecer non mereza ser tido en conta, xa que mo preguntan, eilles decilo como sepa.O cacique d’ aquí, como todol’ os máis da súa ralea que gobernan nos demais Auntamentos, non serían tan malos como son, se noubera firmós que son’ os verdadeiros causantes dos males qu’os caciques fan, é por eso, á quen debe de castigarse e facerse responsabre de todo é os firmós, xa que non se fixan máis cando firman.
Foi tal o parecer de tiu Rosende, que por certo foi aprobado por todos, é desde’ aquel día deixaron en paz ó cacique pra emprendela cos firmós. Estos vírons’ e castigados sin compasión é logo entenderon que lles conviña non firmar á ollos zarrados canto lles mandas’ o cacique, pra librarse das venganzas que todos’ agoantaron, pois mentres unhos lles ardeu ó pallar, outros ardeull’ o palenque ou ó palleiro, ou aparecía calquera día derreado dos cadrís.A receta do tiu Rosende mentres fixeron uso d’ ela facía milagros, pois houbo tempo qu’ o cacique non puido ancontrar quen lle firmas’ os padrós nin outra cras de documentaxe pol’ o med’ o castigo, y-agora repito ó que xa dixen outras veces: s’hay caciques é porqu’ hay firmós.PAO DE TOXO