6.3.09

O novo bipartito e as súas intencións lingüísticas

MOMENTOS HISTÓRICOS, FEITOS HISTÓRICOS

Ía escribir sobre as intencións lingüísticas do novo bipartito (Presidente 1 - Presidente 2) pero estou vomitando co noxo e por iso é mellor que as escoitedes vós mesmos, se tedes aguante:

Eu só comento un detalle (podédelo escoitar entre os minutos 17:33 e 18:00):

O novo goberno seica vai conseguir o feito histórico de que un alumno poida dirixirse ó profesor ou facer os exames en castelán nunha clase que se lle imparta en galego, sempre que non sexa a de Lingua Galega.

Ou sexa, o novo goberno vai conseguir que suceda o que xa sucede, que os alumnos poidan facer o que xa fan e que sexa legal o que xa é legal.

Histórico de todo!

NOTA
:
Aínda que non as comparta, acepto todas as opinións con respecto ás linguas e á política lingüística, pero danme noxo as que se basean en mentiras e se argumentan con falsidades. Se Núñez Feijoo ignora a realidade de Galicia, malo; se mente a propósito, peor. E se o novo bipartito lle move os fíos, que é o que parece, peor aínda.

4 comentarios:

  1. Anónimo1:31 p.m.

    http://img165.imageshack.us/img165/985/novasconselleriaspp02.jpg

    ResponderEliminar
  2. Anónimo1:36 p.m.

    Esa entrevista dá tanto noxo, pero é tan significativa... Parece que lle están dicindo, a Feijoo e a todo o país: "Nós puxémoste aí para recuperar a colonia, pero ten coidado, porque como te nos despistes, xa nos encargaremos de quitarte". Para vomitar.

    ResponderEliminar
  3. Anónimo3:53 p.m.

    Deuses!
    Puxenme mala no minuto 17 ... non podo rematar de escoitar hoxe, sintoo ... pero ... ousexa ... Deuses, quedei sen palabra ... A parte de esas cousas de que case non se pode falar castelan no colexio ... explicadesme que é iso de que o problema do galego non é o castelán se non o inglés? mmm non sei, que lio ... Deuses ...!

    ResponderEliminar
  4. Anónimo,
    Non consigo entrar nese enlace que pegas.
    Que é?

    Saúdos

    ResponderEliminar