
A linguaxe de Pintor, sempre viva e rica, lévanos desta vez ó detalle inadvertido, ó cotián, a un mundo co que convivimos e que non vemos. Ten algo de xogo, algo de brincadeira, pero animaliños somos todos, así que a cousa é máis seria do que parece.
E por se non quedase claro, ó final de cada historia o autor baixa do mundo da literatura e pon os pés no chan; difícil acrobacia que xa ensaiara con éxito en A tribo sabe. Ó final de cada historia espéranos a realidade: as cabeciñas do odio que lixaron as Azores, o dólmen dos Muíños ó que lle roubaron o nome, Primo Castro que agarda os tempos da memoria, o poeta que sangra, que non sabe o mundo canto doe o amor, que non o sabe.
Máis vidas.
P.S: Hoxe pola mañá escribía eu este post e agora acabo de saber que unha rúa de Cangas vai levar o nome de Vázquez Pintor. Ben me alegro por esa merecida homenaxe.
Teño debilidade por Vázquez Pintor. Recoñezo que me custou ler 'A memoria do boi', non poeque non me gustara, senón polo vocabulario e o seu estilo literario, que me facían avanzar a modiño.
ResponderEliminarPara min é xunto a Luis Rei Núñez un dos poucos escritores galegos actuais que ten unha voz propia.
Non sei se metestes a algún dos dous nas lecturas obrigatorias. Creo que o Expediente Artieda de Lusi Rei, si, pero non me parece precisamente a súa mellor novela.
É un pracer deixarche este agasallo: http://remexernalingua.blogaliza.org/2010/05/16/o-mellor-agasallo/
ResponderEliminarSaúdos
Graciñas polo agasallo.
ResponderEliminarO toupo ultimamente non ergue a cabeza de debaixo da terra, pero promete saír da toupeira un día destes e fuzar de novo, para seguir sendo merecente de atención.
Unha aperta