10.11.09

Caxigueiro

Hai poetas que se empeñan en non ser poetas e esconden as palabras tras as pedras, o barro e a chatarra, ... tras a beleza das pedras, do barro moldeado e da chatarra feita arte.

Hai poetas que raptan os versos e escóndenos na paisaxe modelada, pero os versos agroman ó final de cada etapa. Caxigueiro, agora temén na rede.

din dun pobo
que para vivir de aluguer
vendeu o amencer
a néboa e a memoria
non son felices
os homes non lembran
o sabor das bágoas

(Caxigueiro: O rapto da paisaxe)

5 comentarios:

  1. Anónimo4:03 a.m.

    Non sei se che falei deste "GPS poético": http://gps.southbankcentre.co.uk/about

    Ademais, igual seguen o criterio do Conselleiro de Cultura e me inclúen, que eu "literatura inglesa" non fago, pero si fago "literatura feita en Inglaterra" (ou inténtoo).

    ResponderEliminar
  2. Marlene4:56 a.m.

    Parabéns a ese pequeno feixe de ribadenses premiados!

    ResponderEliminar
  3. Felicidades ós tres premiados ... Suso, felicita a Toni Deaño da miña parte porfavorciños ^^

    ResponderEliminar
  4. Non sabía que Caxigueiro escribese tan fermosos poemas. Mais hoxe precisamos de todos os poetas que fomos perdendo. Grazas.

    ResponderEliminar
  5. Non sabía que Caxigueiro escribese tan fermosos poemas. Mais hoxe precisamos de todos os poetas que fomos perdendo. Grazas.

    ResponderEliminar