E cando uns cantos tipos deses xa estean na administración pública, ¿eu vou poder exercer a miña liberdade lingüística ou vou ter diante uns felices analfabetos en galego?
Mentres tanto, en Lestrove tiña lugar un encontro entre membros do Foro Peinador e representantes de oito novas empresas, que o vindeiro día 24 asinarán un convenio para iniciaren un proceso de galeguización das súas actividades. No acto estivo presente tamén a Subdirectora Xeral de Política Lingüística.
Moito me alegra esta noticia, porque non é novidade ningunha a importancia que eu lle dou ó mundo empresarial e ó económico en xeral no proceso de normalización lingüística, ata o punto de que creo que prefiro un empresario punteiro e prestixioso comprometido co galego antes ca un profesor de materias troncais –que seica son as que importan, segundo Feijoo e GB- balbuceando raíces cadradas nun idioma que non domina nin quere dominar, aínda que cobre por sabelo.
O propio Anxo Lorenzo, Secretario Xeral de Política Lingüística, manifestou a propósito doutro convenio que acaba de asinar coas editoriais, que “o ámbito da normalización non debe centrarse só no ensino”. Perfecto. Iso sábeo calquera que non sexa sociolingüisticamente analfabeto.
A pregunta é: E logo por que demo volveron vincular o responsable de Política Lingüística á Consellería de Educación?
Tamén anunciou non sei cantos centos de actividades culturais polo país adiante. E eu que pensaba que para iso xa había unha tal Consellaría de Cultura. Polo que se ve, para organizar contacontos, concertos e películas vai estar Cultura, Xacobeo, Política Lingüística, ... mais para facer Política Lingüística vai estar...quen? Gloria Lago e a TVG, xa escandalosamente partidista nos informativos?
ResponderEliminarE logo sábese que novas empresas son as que se unen ó Foro Peinador?
ResponderEliminarPor certo, Suso, con tanta empresa como tes (tal e como se pode aprezar na marxe dereita do blog) xa podías predicar co exemplo e unirte ós de Mondariz... ;D
ResponderEliminarEste comentario foi eliminado por un administrador do blog.

ResponderEliminar