Sei que teño o blog cheo de trapalladas. Debería facer limpeza, pero cústame quitar cousas do medio. Escolle ti o que che pareza e non fagas caso do resto.

20.7.08

Pintor: a forza do buxo en Melide

Foto: M. Busto

Hai tempo que teño unha débeda neste blogue pero non dou xuntado palabras que paguen como deben, porque a fartura foi moita en moitos anos. Como o tempo vai pasando, velaí a imaxe que dá conta de que no Melide natal queda para sempre na pedra a forza de buxo que admiramos desde hai xa ben outonos.

Concibiuse esta sección como unha homenaxe ós textos, ó significado ou á beleza das palabras gravadas na pedra, fronte ás numerosas placas lembrando os autores. Pero desta vez resúltanos imposible quedar só coas palabras, ben fermosas, e esquecernos da persoa. Tampouco queremos.

Ningún comentario: