23.6.08

A conquista de Irlanda


Non hai toupas en Irlanda. Xunto con Islandia, é o único país de Europa non habitado por esta especie.

Ergueuse Ith un día de ceo claro e subíu á torre que erguemos pra á noite alumar a rota que debe seguir o navío. Foi así como conseguiu ver Eire, a illa onde sempre é verán e hai ríos de mel e mazás todo o ano. Como era Ith sagaz singlador botouse ó mar nun barco de coiro de boi e conquistou a illa verde a onde o vento do sur leva o recender dos fieiteiros e das fragas nosas.

Pero Ith non levou as toupas que tunelan as nosas leiras e enchen de outeiriños de terra con lentura as veigas de noso. A iso imos. Dentro duns días, os habitantes de Irlanda saberán máis da nosa cultura en Cork. E saberán tamén da presenza do toupo que fuza na súa illa. En Dublín, en Limerick, ...

Descansará a toupeira mentres tanto. Á volta, contaremos.

(Fragmentos en cursiva collidos de VIII Fragmentos e Cerco de Ferro, de Darío Xohán Cabana)

3 comentarios:

  1. Agora que estou estudando a Pondal umha viagem por Irlanda nom me viria nada mal! Breogán, filho de Brath controi umha torre aqui. Depois, Ith subirá a esa torre a divisará Irlanda ao onde volve para pacifica-la e fechar a aventura celta que iniciara Brath, filho de Fenius. Nom é?

    Por certo, olhei-te nas ruas de Ribadeu de excursom com os nenos, chamei por ti, mas nom me ouvis-te xD.

    Sorte por Irlanda

    ResponderEliminar
  2. Pois non te vin. Estabamos con esta actividade:

    http://centros.edu.xunta.es/iesgamallofierros/galeria/thumbnails.php?album=42

    En canto a Irlanda, xa aprendín a dicir en gaélico "An toir thu dhomh pinnt? duine" que quere dicir, máis ou menos:

    "Pensas poñerme unha pinta de cervexa dunha vez ou vou ter que a ir buscar á Coruña?"

    Á volta falamos
    Saúdos

    ResponderEliminar
  3. Anónimo8:04 a.m.

    Boa estadía nesa terra onde ninguén que saiba contar unha boa historia é estranxeiro!

    Leva o Diario Irlandés de Heinrich Böll para acompasarte, aínda que quedase algo vello. Hai cousas que mudan amodo.

    ResponderEliminar