
Con cara de traxedia presentou o luns Mariano Rajoy un expediente sancionador contra unha inmobiliaria catalá por rotular en castelán o seu negocio. En realidade o expediente non se incoou por usar o castelán senón por non usar o catalán, que non é o mesmo.
Os rótulos poden estar en castelán e en cantos idiomas queira o dono, pero tamén han de estar en catalán porque así o establece unha norma que pode gustar ou non pero que se aprobou democraticamente e que democraticamente se pode cambiar.
E dixo Mariano: ¿Se ha visto cosa igual?
SI, viuse. Viuse en 1992 en Galicia, cando a Consellería de Industria da Xunta na que mandaba o seu PP iniciou expediente sancionador contra a cooperativa Erica Mel por non etiquetar os seus produtos en castelán.
Os rótulos poden estar en castelán e en cantos idiomas queira o dono, pero tamén han de estar en catalán porque así o establece unha norma que pode gustar ou non pero que se aprobou democraticamente e que democraticamente se pode cambiar.
E dixo Mariano: ¿Se ha visto cosa igual?
SI, viuse. Viuse en 1992 en Galicia, cando a Consellería de Industria da Xunta na que mandaba o seu PP iniciou expediente sancionador contra a cooperativa Erica Mel por non etiquetar os seus produtos en castelán.
Se eu fose cínico coma Rajoy diría que o fixeron por estar etiquetados en galego, pero sería falso. As normas de etiquetaxe daquela non prohibían o uso do galego como non se prohibe en Cataluña o uso do castelán, pero establecían que había que usar, como mínimo, o castelán.
Digo eu que se mal está agora, mal estaría daquela o que fixo o seu partido. Daquela non dixo nin pío e agora leva días sen durmir polo asunto. A non ser que o galego mereza menos respecto có castelán ou o mel de Arzúa menos cás inmobiliarias.
Eso no pasa en ningún país del mundo! –exclamou escandalizado Mariano-.
SI, pasa, Mariano. Pasa, pasa por exemplo nos Grisóns suízos onde o goberno tratou de protexer a lingua retorromanche dispoñendo que os establecementos teñen que usar, como mínimo, este idioma na rotulación, nas cartas dos restaurantes, etc. ó ver como o alemán aparecía de xeito exclusivo cada vez con máis frecuencia.
E falamos de Suíza, “o marabilloso exemplo da Confederación Helvética”, como escribiu en Galicia na memoria e no horizonte un Fraga que nunca fixo nada por imitar as normas dese país que seica admiraba tanto.
E non é o único caso, porque hai máis países que son conscientes de que todos os seus idiomas son cultura, son riqueza, son motivo de orgullo e loitan por protexelos.
Con todo, eu aínda podo entender que alguén aspire a Presidente sendo sociolingüisticamente analfabeto, cínico, terxiversando tanto a realidade e manipulando a información, porque xa houbo quen o fixo antes e non lle vai tan mal, melena ó vento.
O que non lle perdoo a un aspirante a Presidente do goberno é que sexa tan chafalleiro, que ó final dun debate, dispoñendo dunha mesa enorme, teña os papeis estrados polo chan coma se houbese alí un terremoto forza sete. Iso si que non.
Ola Suso.
ResponderEliminarBueno,perdinme un pouco pero acabei entendendoo.
O penúltimo párrafo mete medo.
E que Rajoy tiña os papeis ciscados polo chan non o sabía.
Vai ser que teño mellores cousas que facer.
Ata logo.
Carlos
Quitáchesme a palabra da boca, Suso.
ResponderEliminarapertas