22.5.07

Pronomicidios


Vivimos tempos de pronomicidios.
Hoxe escoitei na TV un anaquiño dun mitin de Feijoo e matou cinco pronomes en 20 segundos. Nin Billy el Niño...

Touriño e Quintana andan por aí demostrándolle ó dos Peares -2 provincias, tres concellos, catro parroquias, 5 casas, que país...!- que non pensan renderse sen presentar batalla.

Mentres, os pronomes berran no deserto:
-Precisamos urxentemente (dativos de) solidariedade!

7 comentarios:

  1. Anónimo8:21 a.m.

    E "lle" é pronome de terceira persoa de singular, non de plural. Como dicia o teu tocaio: "Quen estea libre de pecado...".

    ResponderEliminar
  2. Anónimo1:31 a.m.

    Por certo, vexo o Topicos sobre a lingua galega I e o Topicos sobre a lingua galega III, pero onde esta o II?

    ResponderEliminar
  3. Un despiste.
    Amañado!
    "Grazasiñas"

    ResponderEliminar
  4. Anónimo2:13 a.m.

    E por que no Topicos III non se poden deixar comentarios??? CENSURA NON!!!!

    ResponderEliminar
  5. Non, non... Non é censura. O blog está configurado para que se poidan deixar comentarios, pero esa páxina en concreto ábreme con erros (trianguliño amarelo na parte inferior esquerda do monitor); non sei se ten algo que ver con iso.

    ResponderEliminar
  6. Suso, eu nunca reparara na diferencia de dereitos e deberes que hai entre a Constitución e o Estatuto galego. Foime moi clarificador a lectura da túa entrada. Grazas.

    ResponderEliminar